O Martes día 29-1-08, ás 20 horas, no local social do Centro Galego de Lleida, deu comezo a conferencia a cargo da Dra. Dna. Rosa María Pérez Pérez, Médico-Forense e Presidenta do Colexio Oficial de Médicos de Lleida.
Comezou falando o Presidente da Entidade Xosé Terceiro Folgar, dando as grazas a tódolos presentes que enchían o salón social da entidade, contando coa presenza do Subdelegado do Goberno en Lleida D. Ángel Flores Blas, quen firmou no libro de Honor da Entidade, e tamén coa dun representante da Casa de Andalucía en Lleida D. Vicente Esteve Esteve.
Acto seguido tomou a palabra o Vicepresidente da Entidade Xan Rodríguez Gómez-Dacal, que fixo un breve resumo do curriculum da conferenciante, dándolle a palabra de inmediato a Rosa María Pérez Pérez, que nos deu unha maxistral conferencia sobre o “Maltrato na ancianidade”, firmando tamén no libro de Honra da Entidade.
Unha vez rematada a mesma deu comezo un turno de intervencións dos asistentes, rematándose o acto coa entrega polo Presidente dun pequeno agasallo á conferenciante; e despois tódolos asistentes degustaron un refrixerio. O acto foi un rotundo éxito.
Etiquetas: cengallei, Centro Galego de Lleida, Maltrado, música coral, Vocalía da muller
