
O Mércores día 30-1-08, ás 18,30 horas, no local social da Entidade, os nenos, fillos e netos dos socios, pintaron en folios o que se lles ocurriu nun taller de debuxo. Estes debuxos serán publicados na próxima revista Xurdimento que edita o Centro.
Tamén houbo xogos de parchís e guiñote con interesantes e reñidas partidas, gañando ao final a parexa de mulleres Dolores Blanco Ro e Isabel Mateo Cazorla, con grande desgusto dos homes contrincantes. Unha vez rematado o acto todos foron obsequiados cun sabroso e rico chocolate acompañado dunha sabrosa coca doce.
Etiquetas: Auditori, cengallei, centro galego de Lleida, Lleida, música coral, Vocalía da muller